Roteiro ambiental polo Río Té - omarfeitotradicion
Esta pequena ruta de case que 5 quilómetros, achéganos a distintos puntos de interese ambiental e patrimonial do Concello de Rianxo. A través dela poderemos descubrir a natureza do río Té e como ao longo da historia a humanidade foi ocupando este espazo rico en recursos naturais (agricultura, pesca, gandería, bosque...).
O río Té nace preto do Monte da Muralla, entorno aos 500 m de altitude, no estremo norte do Concello de Rianxo. Percorre arredor de 12 quilómetros pasando por diversos lugares e parroquias, achegándonos recursos esenciais para a nosa vida. Desemboca no lugar do Pazo, na Ría de Arousa.
Características do itinerario
- Distancia: 4,7 km (ida)
- Dificultade: baixa
- Accesibilidade: algúns tramos non son accesibles a persoas con mobilidade reducida
- Punto de inicio: Té
- Punto final: Área recreativa das Miráns