Aviso legal - O Mar Feito Tradición
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, artigo 10, dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que os dominios concelloderianxo.gal, rianxo.gal e omarfeitotradicion.gal están rexistrados a nome do Concello de Rianxo
Concello de Rianxo
P1503700J
Praza Castelao, 1
15920 Rianxo
O Concello de Rianxo facilita información de interese xeral nos tres portais indicados enriba con efectos unicamente informativos, sen que en ningún caso substitúan a publicidade legal aplicable polas leis en boletíns oficiais ou na sede electrónica.
Se ben o Concello de Rianxo procura que a información publicada no seu sitio web sexa exacta e precisa, non pode garantir a ausencia de erros ou a falta de actualización dos contidos.
Os contidos que o Concello de Rianxo publica con plena validez legal con arraxo ás normas aprobadas polas leis, son os boletíns oficiais correspondentes (BOP, DOG e BOE) e o Taboleiro Electrónico da Sede Electrónica do Concello de Rianxo (sede.concelloderianxo.gal), que é o taboleiro de anuncios oficial.
Asemade, a Sede Electrónica é o único lugar habilitado para a tramitación electrónica con plenas garantías xurídicas, polo que os tres sitios web de información municipal enriba indicados non permiten a tramitación de trámites administrativos, máis alá de ofrecer información sobre algúns deles: convocatorias, prazos...
Condicións de uso
Todos os contidos dos sitios web indicados enriba están licenzados segundo unha licenza Creative Commons 4.0 by-nc-sa, cuxos contidos se poden consultar no sitio web da organización: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl
Os usos non suxeitos á licenza anterior dos contidos, elementos e información destes sitios web, poderán dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan.
O Concello de Rianxo non se fai responsable dos danos e perdas que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
Tanto o acceso ao portal, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.
O Concello de Rianxo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos das ligazóns a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos da propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios, e á petición de calquera deles, a ligazón ou ligazóns retiraranse de modo inmediato.
Política de protección de datos persoais
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web está suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.
En caso de querer exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, pode facelo enviando unha solicitude polos calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015 ao Concello de Rianxo.
O Concello de Rianxo cancelará, borrará ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.
Formularios
Algúns procedementos particulares poden requirir o cumprimento de formularios neste sitio web, con arranxo ás bases que regulen o procedemento concreto. En todos os casos, a información proporcionada polas persoas usuarias estará sometida á política de protección de datos persoais, e utilizaránse baixo as indicacións que se proporcionen en cada un dos formularios; en caso contrario, só se utilizarán coas fins implícitas do procedemento e para uso exclusivo deste.
Menores
As persoas menores de idade non poderán usar os servizos dispoñibles neste sitio web sen a previa autorización das súas persoas proxenitoras, titoras ou representantes legais, quen serán as únicas responsables de todos os actos.
Actualización
Esta Política de Privacidade poderase actualizar de forma periódica.