Getting here

Getting here - omarfeitotradicion

WHERE ARE WE?

Onde estamos

O Concello de Rianxo é un municipio do litoral galego, situado ao sur da provincia da Coruña, na marxe dereita da ría de Arousa e da desembocadura do río Ulla.

O municipio limita ao norte cos concellos de Lousame e Rois, ao oeste co de Boiro, ao leste con Dodro e, a través da ponte sobre o río Ulla, con Catoira, na provincia de Pontevedra, e ao sur coa ría de Arousa, pertencente á comarca da Barbanza.

 

COMO CHEGAR

En coche propio

A súa situación costeira permite boas e rápidas comunicacións grazas á autovía AG-11 e á autopista AP-9, que conectan o municipio con Santiago de Compostela (53,8 km) e co aeroporto internacional da Lavacolla en só 45 minutos.

As outras cidades galegas como Vigo (73,6 km) ou A Coruña (116 km) están a unha hora e una hora e media de distancia por estrada, respectivamente.

A fronteira con Portugal, a través de Valença do Minho (100 km), acádase nunha hora e cinco minutos, e a conexión coas provincias de Asturias, Zamora ou León en pouco máis de dúas horas.

 

En autobús

Rianxo conta con liñas de autobús que conectan o municipio con Santiago e con outras poboacións da zona como Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal ou Padrón.

O servizo préstao a empresa Arriva. Horarios: http://www.arriva.gal/

 

En tren

As estacións de tren máis próximas a Rianxo son as de Catoira (12,4 km), Vilagarcía de Arousa (24,1 km), Padrón (22,8 km) e Santiago de Compostela (46,2 km). Horarios: http://www.renfe.com/viajeros/

 

En avión

Os aeroportos máis achegados a Rianxo son os da Lavacolla (SCQ, Santiago de Compostela), Peinador (VGO, Vigo) e Alvedro (LCG, A Coruña).

AROUSA NORTE

Arousa Norte é a mancomunidade dos municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, os catro concellos da marxe norte da ría de Arousa. Cun territorio de 244,40 km² e 70.000 habitantes, centra o seu principal obxectivo na dinamización turística para consolidar Arousa Norte como un destino turístico diferenciado e de calidade.


SITIO WEB DE AROUSA NORTE

The region of Barbanza comprises the municipalities of Carnota, Muros, Mazaricos, Outes, Noia, Lousame, Porto do Son, Ribeira, A Pobra, Boiro and Rianxo.  Despite having been a favourite tourist destination for quite some time, the region has experienced an increase in recent years and will surely become a preferential option for holiday-makers. For this reason the biggest attractions of the eleven municipalities are their beaches, culture, gastronomy, landscapes and history.