Paseo Marítimo - omarfeitotradicion
O Paseo Marítimo percorre o litoral entre o Peirao de Setefogas en Rianxo e a Praia da Torre en Taragoña. Percorrelo é unha das actividades preferidas de visitantes e veciñanza.
O traxecto está repleto de lugares agradables para pasear, contemplar a ría, observar diversas especies de aves mariñas, ademáis de contar con dúas boas praias, a do Pazo e a da Torre.
A ponte que voa o esteiro do río Té atravesa sobre os restos dun antigo castelo medieval situado a carón do mar, o Castelo da Lúa, para o que se está levando a cabo a súa posta en valor.
O paseo é tamén unha galería aberta dedicada a catro dos grandes autores rianxeiros: Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Brea Segade.
descargar esta panorámica do Esteiro do río Té en alta resolución
Percorrido en Google Maps https://goo.gl/9pjMC6