Ruta dos muíños do río Té - O Mar Feito Tradición
Esta pequena ruta achéganos a distintos puntos de interese ambiental e patrimonial do concello de Rianxo. A través dela poderemos descubrir a natureza do río Té e como ao longo da historia a humanidade foi ocupando este espazo rico en recursos naturais (agricultura, pesca, gandaría, bosque...).