Roteiro Castelao Roteiro Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é un dos rianxeiros máis ilustres. Do seu paso pola vila e arredores de Rianxo dannos testemuña as diversas localizacións que tiveron unha relación directa coa súa vida e que se reflicten neste mapa guía. Dezanove localizacións vencelladas á vida do noso escritor, político e debuxante máis sobranceiro.