Roteiro ambiental polo Río Té Roteiro ambiental polo Río Té

Esta pequena ruta de case que 5 quilómetros, achéganos a distintos puntos de interese ambiental e patrimonial do Concello de Rianxo. A través dela poderemos descubrir a natureza do río Té e como ao longo da historia a humanidade foi ocupando este espazo rico en recursos naturais (agricultura, pesca, gandería, bosque...).

O río Té nace preto do Monte da Muralla, entorno aos 500 m de altitude, no Concello de Rianxo. Percorre arredor de 12 quilómetros pasando por diversos lugares e parroquias, achegándonos recursos esenciais para a nosa vida. Desemboca no lugar do Pazo na Ría de Arousa.

Características do itinerario

  • Distancia: 4,7 km (ida)
  • Dificultade: baixa
  • Accesibilidade: algúns tramos non son accesibles a persoas con mobilidade reducida
  • Punto de inicio: Té
  • Punto final: Área recreativa das Miráns
Paneis informativos

Panel informativo de Té

Paneis interpretativos

 

Panel 1: O bosque

Panel 2: Os muíños

Panel 3: Invertebrados

Panel 4: Vertebrados

Panel 5: Usos