COMO CHEGAR
En coche propio
A súa situación costeira permite boas e rápidas comunicacións grazas á autovía AG-11 e á autopista AP-9, que conectan o municipio con Santiago de Compostela (53,8 km) e co aeroporto internacional de Santiago de Compostela - Rosalía de Castro en só 45 minutos.
As outras cidades galegas como Vigo (73,6 km) ou A Coruña (116 km) están a unha hora e una hora e media de distancia por estrada, respectivamente.
A fronteira con Portugal, a través de Valença do Minho (100 km), acádase nunha hora e cinco minutos, e a conexión coas provincias de Asturias, Zamora ou León en pouco máis de dúas horas.
En autobús
Rianxo conta con liñas de autobús que conectan o municipio con Santiago e con outras poboacións da zona como Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Padrón, Pontevedra e Vigo.
A relación completa de rutas pódese consultar en https://www.bus.gal/gl/ e a liña Santiago de Compostela - Ribeira e Ribeira - Santiago de Compostela que cruza o Concello de Rianxo está dispoñible na web http://www.monbus.es/gl para a súa consulta e compra de billetes.
En tren
As estacións de tren máis próximas a Rianxo son as de Catoira (12,4 km), Vilagarcía de Arousa (24,1 km), Padrón (22,8 km) e Santiago de Compostela (46,2 km). Horarios: https://www.renfe.com/es/gl
En avión
Os aeroportos máis achegados a Rianxo son os da Lavacolla (SCQ, Santiago de Compostela), Peinador (VGO, Vigo) e Alvedro (LCG, A Coruña).