De compras - omarfeitotradicion
De compras
O visitante amante das compras, atopa en Rianxo diferentes alternativas; o comercio tradicional, baixo a denominación Comercio Unido-Centro Comercial Aberto en Rianxo, abrangue todo tipo de tendas, con especial presenza de tendas de moda, xoierías e regalos, concentradas nas rúas mais céntricas da vila, aínda que nos últimos tempos, por mor do crecemento que está experimentando Rianxo, tamén o comercio está tendo presenza noutras rúas máis periféricas.
Outras opcións son, o mercado ou "praza de abastos", sita na Rua Rosalía de Castro, onde o visitante poderá atopar produtos típicos do mar e da horta rianxeiros de gran frescura. E como non, o típico mercado ou "mercadillo", pintoresco mercado popular, que ten lugar todos os mércores e domingos do ano, polas mañás, no paseo de Manoel Antonio e no Paseo da Ribeira.