Como chegar - omarfeitotradicion
As vías principais de comunicación son a C-550 e a Autovía de Barbanza AG-11. As distancias coas principais cidades por estrada son:
- A Coruña: 104 km.
- Ferrol: 127 km.
- Lugo: 170 km.
- Ourense: 114 km.
- Pontevedra: 51 km.
- Santiago de Compostela: 45 km.
- Vigo: 77 km.
Accesos dende o Norte
Pola autoestrada AP-9 A Coruña-Vigo, tómase a saída 93 cara Padrón/Pontecesures para entrar na AG-11, dirección Ribeira.
Accesos dende o Sur
Pola autoestrada AP-9 Vigo-A Coruña, tómase a saída 104 cara Catoira e séguese circulando pola PO-8001 ata cruzar o Río Ulla e entrar no municipio de Rianxo.