Xuventude

A Xunta de Galicia convoca o programa Acción de Verán 2026, que inclúe campamentos de verán e os minicampamentos “Coñece Galicia”, unha atractiva proposta de lecer educativo para a época estival. - Acción de Verán 2026: Campamentos e minicampamentos  - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Acción de Verán 2026: Campamentos e minicampamentos 

A Xunta de Galicia convoca o programa Acción de Verán 2026, que inclúe campamentos de verán e os minicampamentos “Coñece Galicia”, unha atractiva proposta de lecer educativo para a época estival.

A Xunta de Galicia convoca o programa Acción de Verán 2026, que inclúe campamentos de verán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, así como os minicampamentos “Coñece Galicia”, unha atractiva proposta de lecer educativo para a época estival.

Os campamentos desenvólvense en quendas de entre 8 e 12 días durante os meses de xullo, agosto e setembro, mentres que os minicampamentos ofrecen estancias de 5 días en distintos puntos da xeografía galega.

O programa combina actividades variadas (náuticas, deportivas, ambientais, artísticas, científicas, agrícolas ou relacionadas co Camiño de Santiago) e busca desenvolver habilidades nas persoas novas, fomentar o coñecemento do patrimonio galego e promover o respecto polo medio ambiente.

As persoas mozas residentes en Galicia poderán solicitar a súa participación nas actividades da campaña sempre que cumpran os requisitos de idade establecidos para cada programa e conten con DNI ou NIE en vigor no momento de presentar a solicitude.

No caso da Campaña de Verán 2026, poderán participar menores nados entre 2008 e 2017: os máis novos deberán ter cumpridos os 9 anos ao inicio da actividade, mentres que os maiores non poderán acadar os 18 anos antes de que remate o campamento.

A inscrición poderá facerse a partir do 16 de abril a través da sede electrónica da Xunta de Galicia -procedemento BS303A.