Campamento de verán 2026 - Concello de Rianxo
CAMPAMENTO DE VERÁN 2026
Servizo de Xuventude - Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo
campamento@concelloderianxo.gal
981 100 688 - 664 181 401
Campamento de verán 2026
BASES E CALENDARIO DE INSCRICIÓN
Bases e calendario de inscrición do Campamento de Verán e Plan Madruga 2026
Descrición
Campamento
Servizo de apoio á conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello, cun programa de actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre.
Plan Madruga
Espazo de recepción e coidado dos nenos e nenas nas horas previas á actividade Campamento.
Calendario de actividades
Poderase realizar a inscrición ou ben para o campamento completo ou elixir un dos meses:
-
Completo: do 22 de xuño ao 04 de setembro.
-
Mes Xullo: xuño e xullo.
-
Mes Agosto: agosto e setembro
Horario
-
Campamento: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h (agás festivos)
-
Plan Madruga: de luns a venres, dende as 08.00 a 10.00 h (agás festivos).
Persoas Destinatarias
Nenos e nenas nados entre o 2014 e o 2022, ambos incluídos.
Lugar
IES Félix Muriel Rianxo– CEP Brea Segade Taragoña – CEIP Ana Mª Diéguez Asados
Prazas
Campamento: 195 prazas para campamento completo e 60 prazas por bloques (xullo / agosto)
-
IES Félix Muriel: 105 prazas para campamento completo.
-
CEP Brea Segade: 60 prazas para campamento completo.
-
CEIP Ana Mª Diéguez: 30 prazas para campamento completo.
Plan Madruga: 60 prazas
Para a realización das actividades, Campamento e Plan Madruga, deber haber un grupo mínimo de 10 participantes. O número de prazas por instalación pode variar e/ou adxudicarse a outra instalación no caso de que non se acade ese número mínimo.
Para participar no Plan Madruga é obrigatorio participar tamén no Campamento de Verán.
Cota de Inscrición
Campamento:
- Completo: 150 euros
- Un mes (xullo ou agosto): 75 euros
Plan Madruga:
-
Completo: 40 euros
-
Bloque xullo ou agosto: 20 euros por bloque
DESCONTOS (só no servizo de campamento)
-
2 irmáns inscritos no servizo
-
Completo: 140 euros
-
Un mes (xullo ou agosto): 70 euros
-
-
3 ou máis irmáns inscritos no servizo, familias monoparentais e familias numerosas.
-
Completo: 130 euros
-
Un mes (xullo ou agosto): 65 euros
-
Criterios de prioridade
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores ou do proxenitor/a que teña a custodia, e que se inscriban no campamento completo.
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores ou do proxenitor/a que teña a custodia, que se inscriban en un dos bloques.
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo e que se inscriban no campamento completo.
-
Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, que se inscriban nun dos bloques.
-
Non empadroados/as en Rianxo, con proxenitores/titores legais que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación, e que se inscriban no campamento completo.
-
Non empadroados/as en Rianxo, con proxenitores/titores legais que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación, que se inscriban nun dos bloques.
-
Resto de solicitantes.
Entendese por necesidades xustificadas de conciliación que os proxenitores/titores estean en condición acreditada de ocupación laboral, dependencia, atención a persoas dependentes ou participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial.
No momento da inscrición marcarase a preferencia de localización e, para os efectos do sorteo, farase valer esa preferencia.
Documentación para a inscrición
- Ficha de inscrición
- Volante de empadroamento (ou autorización para a súa comprobación)
- Xustificación das necesidades de conciliación:
- por traballo dos proxenitores: certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, alta na Seguridade Social ou certificado laboral de empresa.
- participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial: copia de matrícula, certificado de estudos en vigor ou xustificante de participación emitido polo organismo.
- por atención de persoas dependentes ou dependencia proxenitores: certificado de dependencia.
- no caso de divorcio ou separación, copia da custodia.
- Certificado de familia monoparental
- Título de familia numerosa
Calendario inscrición
-
Presentación de solicitudes: do luns 11 ao luns 25 de maio (ambos incluídos)
-
Publicación listaxes solicitantes: mércores 27 de maio
-
Presentación de reclamacións: mércores 27 e xoves 28 de maio
-
Listaxes definitivas: venres 29 de maio
-
Sorteo, no caso de ser necesario: venres 29 de maio, ás 13.00 h.
-
Matrícula e abono da cota: do luns 08 ao martes 16 de xuño
-
Publicación das listaxes de participantes e grupos: xoves 18 de xuño
-
Reunión de presentación: venres 19 de xuño
-
Inicio campamento: luns 22 de xuño
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse do luns 11 ao luns 25 de maio (ambos incluídos), no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo Solicitude de inscrición no Campamento de Verán, e, preferentemente, de forma telemática.
Todas as solicitudes presentadas a partir do 26 de maio non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada por este.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións/emenda de documentación
O mércores 27 de maio publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza no Campamento de Verán Rianxo 2026. Para estes efectos, publicarase o número de rexistro e as iniciais da crianza.
A emenda de documentación requirida ou as reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse os días 27 e 28 de maio no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.
Adxudicación de prazas
A praza é persoal e intransferible.
A adxudicación pode ser:
-
Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (25 maio) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:
-
Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes en prazo.
-
No caso de non cubrirse, as prazas restantes, ata completar as 210 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir do 25 de maio, por orde de inscrición en data e hora.
-
Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.
-
Por sorteo, empregando medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo realizarase seguindo os criterios de prioridade e a preferencia de instalación. O sorteo xerará tamén a listaxe de reserva.
As solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría participará de forma independente co seu propio número.
O día 29 de maio publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.
Pagamento
As persoas participantes seleccionadas deberán realizar o pagamento entre os días luns 08 ao martes 16 de xuño, ambos incluídos.
Para realizar o pagamento, o Concello facilitaralles un recibo, o cal poderán recollelo presencialmente no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, ou solicitar o seu envío por correo electrónico ou mensaxería instantánea.
En caso de non realizar o pagamento no prazo establecido e de seguir interesado na praza, sempre que haxa dispoñibilidade de prazas, deberá solicitarse un novo recibo coa actualización do recargo correspondente.
Documentación (só no caso de ser necesaria)
A seguinte documentación deberá presentarse unicamente cando sexa necesaria, mediante presentación no rexistro do Concello:
-
Informe médico.
-
Cuestionario médico – autorización
-
Autorización de saída do/a menor pola súa conta: Só poderán saír pola súa conta, no horario establecido, os/as menores de 10 anos ou máis.
Renuncia a praza obtida
No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o martes 16 de xuño.
No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.
Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante. Esta adxudicación comunicarase mediante unha chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 18 de xuño.
Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.
A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.
Formación de grupos
Os grupos formaranse segundo data de nacemento.
Só excepcionalmente, e de forma xustificada e documentada, valorarase a posibilidade de facer o cambio de grupo.
Devolución da cota
Unha vez obtida a praza e aboado o importe correspondente, no caso de que a persoa interesada non poida asistir á actividade por causa xustificada, deberá solicitar a devolución mediante rexistro antes de que finalice o prazo de inscrición (18 de xuño).
As solicitudes de devolución presentadas fóra do prazo establecido serán denegadas, con independencia da causa alegada.
Comunicación coas familias
Todas as comunicacións do proceso de inscrición realizaranse a través da páxina web: https://concelloderianxo.gal/campamento2026.
Non se realizaran avisos individuais, nin por correo electrónico nin por teléfono.
Unha vez comece o campamento, as comunicacións precisas realizaranse:
-
na páxina web https://concelloderianxo.gal/campamento2026
-
nos grupos de difusión de WhatsApp e grupos de difusión de telegram. A comezos do campamento publicaranse na páxina web os enlaces para unirse aos grupos.
Asemade, habilitarase un teléfono ao que as familias poden dirixirse para deixar avisos, que se fará público no comezo do campamento.
Queixas e suxestións
As persoas participantes poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Campamento de Verán Rianxo 2026 ou no momento do seu remate.
Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.
Imaxes
A participación nesta actividade poderá comportar a captación de imaxes, fotografías, vídeos, vídeos con voz, material gráfico, etc. (en diante, “imaxes”) da persoa participante na actividade, e a súa publicación a través dos medios de difusión corporativos das iniciativas e actividades do Concello de Rianxo, tales como páxinas web, redes sociais, álbums, informes/documentos derivados da actividade e noutros medios de comunicación social. Debe autorizar ou rexeitar a devandita captación e publicación de imaxes, que se entenderá feita a título gratuíto e sen límite temporal, no formulario de inscrición.
Protección de datos
Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos.
Serán cedidos á empresa adxudicataria os datos identificativos e de contacto dos participantes, así como aqueles datos de saúde ou observacións necesarios para o bo desenvolvemento da actividade.
Os datos persoais das persoas participantes poderán ser comunicados á Xunta de Galicia, no caso de que así o requiran, cando este servizo estea subvencionado no marco do programa Plan Corresponsables.
Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose ao Concello de Rianxo, Praza Castelao, 1, 15920 Rianxo, correo electrónico dpd@concelloderianxo.gal, ou mediante o procedemento habilitado para o efecto da Sede Electrónica: sede.concelloderianxo.gal. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación perante a autoridade de control en www.aepd.es. Datos de contacto do delegado de protección de datos: Ramón Santos Pérez, dpd@concelloderianxo.gal