O hórreo máis grande

O hórreo máis grande - O Mar Feito Tradición

O hóreo máis grande


O hórreo máis grande

O Hórreo do Araño, na parroquia de Araño, é o hórreo máis longo de toda Galicia (36'75 metros a cámara e 37'05 m o celeiro), e o de máis capacidade se sumamos as capacidades da cámara (109'31 m3) e o celeiro (59'09 m3). A base está composta polo celeiro de cachotería con rachas, e leva apegadas as escaleiras de acceso. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, de canteiría. A cámara péchase con perpiaños horizontais en ringleira e non se marcan as columnas. Leva sopena baixo o beiril, e as sobrepenas rematan en cruces flanqueadas por pináculos de bolas.