Casa Museo de Manuel Antonio Casa Museo de Manuel Antonio

A Casa Museo de Manuel Antonio é o primeiro enclave que abre ao público do proxecto "Academia Literaria de Rianxo", que consiste na musealización e posta en valor das casas de Manuel Antonio, Castelao e Rafael Dieste.

Está situada na casa natal do poeta, na rúa de Abaixo, na que viviu até os dous anos e na que pasou frecuentes tempadas ao longo da súa curta vida. O conxunto transcende a visión máis tópica deste tipo de museos, pois conserva diverso mobiliario da familia, proxecta audiovisuais, e expón documentos orixinais e obxectos persoais, así como referencias ao contexto vital e socio-político do autor.

Seccións

Os tres andares achéganse á figura e á época de Manuel Antonio. No baixo móstrase o Rianxo dos anos 20 mediante unha escolma de fotos antigas tomadas por Xosé Pérez, curmán de Manuel Antonio. No primeiro e segundo andar exponse a vida e obra de Manuel Antonio, xunto con referencias á época na que viviu, tanto desde o punto de vista político, como literario e social.

Servizos

A Casa Museo, ademais da visita independente no seu horario de funcionamento, atende visitas guiadas para grupos organizados (escolares, asociacións, etc.). En calquera caso é preciso facer unha solicitude por rexistro ademais de concertar a cita previa por teléfono ou correo electrónico para as visitas guiadas.

Horarios, enderezos e contacto:
 

HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO
Luns a venres: de 8.00 h a 15.00 h

Casa-Museo de Manuel Antonio
Rúa de Abaixo
15920 Rianxo (A Coruña)

881 988 586

881 862 305

981 866 663 (Turismo)

museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal

omarfeitotradicion.gal/museodemanuelantonio

Folleto informativo