Educación e Cultura

Do 15 de maio ao 15 de xuño na Sala de Exposicións do Auditorio de Rianxo - EXPOSICIÓN: Laíño. Reinicio. Obra plástica - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

EXPOSICIÓN: Laíño. Reinicio. Obra plástica

Do 15 de maio ao 15 de xuño na Sala de Exposicións do Auditorio de Rianxo

EXPOSICIÓN: Laíño. Reinicio. Obra plástica.

  • DATAS: do 15 de maio ao 15 de xuño.
  • HORARIO: De luns de 10.00 a 14.00 h. De martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h.
  • LUGAR: sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio.
  • APERTURA DA EXPOSICIÓN: venres 15 de maio ás 20.30 horas.

Laíño, nado na Barraca, Asados (Rianxo), alá polo 1968, sempre gustou de debuxar. De moi neno ganou os seus primeiros premios escolares e un que convocaban para a rapazada nas Festas da Guadalupe. Estudou Música e, durante catro décadas, foi saxofonista nas bandas castrenses de infantaría de mariña no Ferrol e Marín. Abandonou case por completo as artes plásticas. Sempre o resumiu con retranca: “a corchea é a que me paga as facturas e o pincel é o que me proporciona satisfacción persoal”. Pasados os anos, retomou a súa verdadeira vocación e comezou a experimentar co óleo de xeito totalmente autodidacta.
Participou en diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, por todo o territorio galego, Sevilla, Madrid, Lleida, Cádiz, Xerez, Porto, Lisboa, París… Ten obra repartida por diferentes países, desde Rusia a EE.UU. Acadou premios e foi seleccionado en concursos de pintura en Galicia e en diferentes cidades de España. E tamén ilustrou textos de autores rianxeiros. Cursou dous anos de Belas Artes na Facultade de Pontevedra (carreira que ten pendente rematar) e actualmente estuda Historia da Arte na UNED. Na travesía de Boston a Marín, enrolado como membro da banda militar do Juan Sebastián Elcano, inciou -sen decidilo nin desexalo- unha nova pausa na súa tarefa plástica. Transcorreron dez anos… Agora, volve aos pinceis.

More Blog Entries