Novas Tecnoloxías

- Formacións sobre o bo uso dos videoxogos e benestar e prevención de riscos dixitais - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Formacións sobre o bo uso dos videoxogos e benestar e prevención de riscos dixitais

O Concello de Rianxo organiza dous cursos formativos de balde dirixidos ás familias, á mocidade e ao persoal educador.
 

CURSO: "O bo uso dos videoxogos”

 

  • 22, 23 e 26 de decembro
  • de 10.00 a 12.30 h
  • Auditorio de Rianxo

  • ​​​​​​​CURSO: "Benestar e prevención de riscos dixitais"
    • 29 e 30 de decembro e 2 de xanero
    • de 10.00 a 12.30 h
    • Auditorio de Rianxo

Obxectivos dos cursos

  • Fomentar un uso responsable e equilibrado dos videoxogos.
  • Recoñecer sinais de uso excesivo ou problemático e aplicar medidas de prevención.
  • Coñecer os riscos dixitais máis comúns (ciberacoso, grooming, estafas en liña, exposición a contidos inapropiados, etc.).
  • Promover hábitos de benestar dixital, tanto no eido familiar como no educativo.
  • Aprender a configurar os controles parentais, os sistemas de privacidade e pautas de seguimento.

 

Dirixidos a:

  • Nais, pais e titores/as.
  • Adolescentes e mocidade.
  • Profesorado, monitorado e profesionais do ámbito socioeducativo.

 

Estas accións formativas están financiadas pola Xunta de Galicia e as persoas que as completen recibirán un certificado oficial.

​​​​​​​

Inscrición no formulario en liña: https://forms.gle/yKQ8CSHtiX2yS5X49