Educación e Cultura

Nenas e nenos cantan a Castelao, o 06 de xuño na Praza de Rafael Dieste - No bico un cantar 2025 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

No bico un cantar 2025

Nenas e nenos cantan a Castelao, o 06 de xuño na Praza de Rafael Dieste

No bico un cantar 2025. Nenas e nenos cantan a Castelao.

O certame musical No bico un cantar, promovido polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Xunta de Galicia, celebra en 2025 a súa novena edición presencial. A cita será en Rianxo, vila natal de Castelao, a quen se lle rende homenaxe neste ano polo 75.º aniversario do seu pasamento en Bos Aires (7 de xaneiro de 1950).

Baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento do Quinteto de metais Hércules Brass, máis de cincocentas nenas e nenos darán vida a versos de grandes autores e autoras da literatura galega —desde Cabanillas ata a Xeración Nós—.

Participa alumnado dos conservatorios profesionais de música das sete cidades galegas, así como de centros da contorna de Rianxo. Este ano destaca tamén a colaboración especial do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires, nunha ponte musical que une Galicia e a Arxentina a través das voces infantís e da memoria de Castelao.

  • DÍA: venres 06 de xuño
  • HORA: 18:00
  • LUGAR: Praza de Rafael Dieste

Máis información no sitio web do Consello da Cultura de Galicia.