Paio Gómez Chariño

Paio Gómez de Soutomaior (chamado O "Chariño") naceu no ano 1225, probabelmente en Pontevedra, e foi asasinado en 1295 preto de Ciudad Rodrigo. Foi nomeado señor de Rianxo e pasou a residir na vila.

Almirante do mar, combatiu ó lado de Fernando III na toma de Sevilla, feito ó que se lle deu tal vez unha esaxerada importancia, segundo reza no epitafio da súa tumba: "Ganó Sevilla siendo de moros".

Foi trovador dos Cancioneiros Medievais. Dentro da súa obra poética, consérvase un total de vinteoito cantigas de amor, amigo e escarnio no Cancioneiro de Ajuda e nos apógrafos italianos.

En xeral, a aceptación da poesía de Paio Gomez, foi debida ás súas "barcarolas", xa que as demais composicións están fortemente influenciadas pola artificiosidade dos convencionalismos cortesáns que lle restan sinceridade e inspiración e alónxana do sentir popular.

Bibliografía: Cancioneiro de Payo Gomez Chariño. Armando Cotarelo Valedor, 1931.