Localización - O Mar Feito Tradición
Onde estamos
O Concello de Rianxo é un municipio do litoral galego, situado ao sur da provincia da Coruña, na marxe dereita da ría de Arousa e da desembocadura do río Ulla.
O municipio limita ao norte cos concellos de Lousame e Rois, ao oeste co de Boiro, ao leste con Dodro e, a través da ponte sobre o río Ulla, con Catoira, na provincia de Pontevedra, e ao sur coa ría de Arousa, pertencente á comarca da Barbanza.