Pozo Bastón

Pozo Bastón - O Mar Feito Tradición

O Pozo Bastón

Fervenza que forma un pequeno estanque natural no río Té de gran atractivo natural, fonte de lendas e supersticións. Debido ó seu calado é posible darse un baño. Accédese dende a parroquia de Araño, remontando o río Té dende Buía e pasando pola pequena aldea de Ferrería. Existe unha pista forestal ata preto do lugar, continuando despois por roteiros ou pola beira do río.

Preto do lugar, remontando o río, atópase un muíño. Máis arriba, onde o río se divide en dous, subindo pola marxe dereita atópase unha vella carballeira que merece unha visita.