Aldea Maldita

Aldea Maldita - O Mar Feito Tradición

A Aldea Maldita

No lugar de Abuín, algo máis abaixo da aldea, atópase un lugar onde vellas vivendas se funden coa fraga nunha mestura de pedras e madeira que invita a deixarse levar neste peculiar lugar.

Sobre o lugar cóntanse extranas lendas que explican o motivo polo que se supón que foi abandonado o lugar polos seus habitantes. A maioría delas contan que estas lendas se crearon precisamente para evitar que os curiosos se achegasen por alí; unhas din que unha familia tiña enterrado un tesouro; outras, que o tesouro fora enterrado polos pobos nórdicos; noutra incluso se sinala a creación destas lendas coma defensa ante un intento de compra do lugar...

Outra teoría vincula o nome ó feito de que a aldea fora sacudida en varias ocasións por pestes e plagas, o que a levou a conseguir a fama de "maldita", e ós seus habitantes a abandoala para reconstruir o pobo nun novo lugar algo máis alonxado dela.

O certo é que o lugar presenta unha frondosidade embriagadora que invita a perderse por entre os altísimos eucaliptos mentras as vellas historias que contan sobre ela van circulando coma imaxes pola mente.