Esteiro do Ulla Esteiro do Ulla

O río Ulla é a fronteira natural que separa as provincias de Pontevedra e A Coruña. O seu tramo final baña os municipios de Catoira, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, dende o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.

Un percorrido en tren dende Santiago de Compostela en dirección Vilagarcía de Arousa ou viceversa ofrece a posibilidade de contemplar este espazo natural en toda a súa extensión. Pero, tamén é moi recomendable comezar o percorrido en Rianxo, xa que o seu privilexiado emprazamento, ó fondo da ría de Arousa, entre o río Ulla e a enseada de Beluso, permítenos disfrutar dunhas paisaxes espectaculares.

Así, seguindo o río Ulla pola estrada comarcal que vai dende o centro urbano de Rianxo, dirección á parroquia de Isorna, atopamos uns paraxes incomparables, xa que o río neste tramo forma un corredor rodeado de carrizais e pequenos montes que lindan ca serra do Barbanza.

Entre este paraxes destaca a aldea de Quintáns, situada nun lugar privilexiado do concello, á beira do río Ulla e ós pes do Monte Quintáns, a cal conserva moitas casas antigas e multitude de hórreos, ademais dunha peculiar zona, onde o embarcadoiro, na que se atopan unha fonte e un muíño bastante ben conservado, e á beira do río, o chamado Cruceiro do Cabo.

Neste tramo final do río que vai dende a illa das Brañas ata a súa desembocadura fronte a illa de Cortegada, foron aparecendo, debido ó efecto das correntes mariñas, numerosos montículos ou illotes de area. Na marxe oposta do río, atópanse as Torres do Oeste, Monumento Nacional pertencente ó municipio de Catoira, ó que se accede por unha ponte de recente construción próximo á illa das Brañas.