Idade Contemporánea

Idade Contemporánea - omarfeitotradicion

Turismo - Historia - Idade Contemporánea

Século XIX​​​​​​​

Este século comeza co colapso do Antigo Réxime, patente coa Invasión Francesa e caracterízase polas dificultades para impoñer o Sistema Liberal e facer avanzar ó Capitalismo. Como resultas destas dificultades Rianxo, Galicia e España sufrirán o caciquismo e a emigración.

O xuiz de Rianxo, licenciado Don Bernardo García comunicaba ó consulado da Coruña os datos sobre a vila, que serían a única base informativa de José Lucas Labrada na súa "Descripción del Reino de Galicia" publicada no 1804, que di o seguinte: "En esta villa no hay absolutamente fábrica alguna, y para dar razón de la ocupación o industria en que se ejerciten los vecinos de ella se hace preciso dividirlos en tres clases: en la primera entran casi la mitad de los vecinos que son matriculados, y su continuo ejercicio es en la mar a la pesca (asciende a doce mil millares de sardina); en la segunda entran casi la otra mitad, que se ocupan en la agricultura a excepción de unos pocos que tienen diferente destino; estos, en número de 50, componen la tercera clase, y su profesión u oficio es el de comprar a los marineros el pescado para dirigirlo en caballerías a Santiago. En este ramo de industria se ejercitan más de cien mujeres de matriculados y terrestres de la villa en esta forma: Unas al destino de lavar, preparar, componer en cestas el pescado que ha de extraerse para fuera de la villa, otras en conducir por si mismas y en cestas pequeñas el pescado menudo, como sardinas, panchoces, etc, a las parroquias o pueblos inmediatos, vendiéndolo por las aldeas, y aun llegando a la villa de Padrón que dista de aquí tres leguas. Este es el regular y cínico destino de las personas de ambos sexos habitantes de este puerto. En las aldeas inmediatas, así hombres como mujeres se ocupan en el continuo ejecicio de la labranza. En estas cercanías es cierto que hay terrenos baldíos e incultos, pero se consideran necesarios para sacar de ellos los arbustos y maleza que producen, con los cuales se remedia la falta que hay de leña, y se hace el abono o estiércol para las tierras. Con todo eso no hay que algún otro pedazo de terreno no debiera cultivarse, porque se conoce que su calidad es a propósito para dar excelentes frutos".

As Cortes de Cádiz, primeiro intento serio de Revolución liberal en España, van ter a súa influencia no governo da vila e xurisdicción de Rianxo. A parroquia de Taragoña, acolléndose á Constitución de 1812, e debido ó seu grande número de veciños, encabeza un movemento que intenta crear máis de un Concello na xurisdicción de Rianxo; intento fallido, xa que as autoridades provinciais non autorizaron tal separación.

Por outra banda, a elección do alcalde constitucional de Rianxo xerou o enfrontamento entre a fidalguía e o pobo. D. Andrés Josef de Carvajal, veciño da vila, representaba ó grupo social dos fidalgos. O licenciado D. Manuel Rodríguez encabezou a tendencia do pobo que vía neste intre de liberdade a ocasión de derrubar ós seus dominadores. Pero en novembro de 1812, as cortes de Cádiz resolveron anular os nomeamentos feitos pola Audiencia de Galicia, como é o caso de Carvajal. O dito D. Andrés Josef de Carvajal busca disculpas para non verificar a elección do alcalde ordinario, non quere renunciar a mandar en Rianxo. O Licenciado D. Manuel Rodriguez ten tras de si ó pobo que o elixira para alcalde constitucional o 6 de Xaneiro de 1812. Convocanse os dezasete electores que correspondían ó Concello de Rianxo para elexir alcalde constitucional. Feita a votación, dos dazasete electores, quince votaron a D. Manuel Rodriguez. Xa que logo, foi D. Manuel Rodriguez o primeiro Alcalde constitucional de Rianxo.

En 1822 Asados foi Concello Constitucional. Na primeira reunión de consistorio queda acordado polo Alcalde Pedro Gago e demáis membros da corporación que Simón Gey siga exercendo no presente ano de 1822 as funcións de Segredario tal como no ano anterior. É de supoñer que cada parroquia agregada: Araño, Leiro e Isorna, terían canda menos un representante da súa localidade. Quedan fóra deste distrito as parroquias de Rianxo e Taragoña que de por si formarían Concello a parte con cabeceira en Rianxo.

Esta descentralización administrativa naceu ó socaire do chamado Trienio Liberal (1820-1823) cando o propio Rei Fernando VII abandona ós seus correlixonarios absolutistas e acata a Constitución, promovida polos Liberais, con aquel as palabras que se fixeron famosas: "Españoles, marchemos todos juntos, y yo el primero, por la senda constitucional".

Don Pascual Madoz e ben parco neste caso no seu "Diccionario Geográfico" (1849), pero recolle algúns datos de interés. O Concello, composto por seis parroquias e 73 lugares, tiña 1.222,5.812 almas que vivían en 1.300 casas. A Vila, unhas 400 casas que albergaban 393 cabezas de familia, 1.811 persoas. A riqueza imposible era de 739.788 reás. Pagábanse de contribución 761. 0 terreo, vizoso, propiciaba a producción de millo, viño, centeo, trigo, legumes..."hay algunas frutas". Na crianza do gando, tiña preferencia o boente. Cazábanse lebres, perdices, paspallases e coellos. "Se disfruta de la pesca que proporciona la Ría de arosa y el Ulla (...), si bien puede decirse que este ramo no constituye hoy parte de su riqueza industrial..." Anota que traballan "telares caseros para lienzos, molinos harineiros y varios oficios de primera necesidad. El comercio está reducido a la venta de frutas y ganados en los mercados y ferias de los distritos de Padrón y Noya".

Rianxo xa tiña daquela Casa Consistorial, Escola Primaria e Cárcere. "El cementerio no perjudica a la salud pública". O Curato é de segundo ascenso. "Existen el Santuario de Guadalupe, sostenido con las limosnas de los fieles". O correo chegaba por un peatón, dende Compostela, os mércores e sábados e saía luns e xoves.

  • 1874. Estase a constituir o actual edificio do Consistorio. É elixido alcalde Don Baltasar Torrado.
  • 1880. Cesa como Alcalde B. Torrado, sendo substituido por Remigio Gómez Somoza.
  • 1886. Nace Castelao.
  • 1890. Entra como Alcalde José Vázquez Morales "Pantuso".
  • 1891. Batallas campáis de mozos, especialmente polas noites, con apedreos ás casas do Cura, Boticario, etc. O Concello pedirá ó Gobernador un posto da Garda Civil na vila.
  • 1892. Epidemia de variola en Rianxo no mes de Febreiro.

Século XX

Comeza coa estabilidade que proporciona a alternancia pactada no poder de Liberais e Conservadores propiciada pola Restauración Monárquica. A relativa industrialización de sectores como o conserveiro non cosegue frear o éxodo migracional. Prodúcese unha ruralización relativa das terras rianxeiras como consecuencia do notable decrecemento demográfico da vila e fuxida das familias máis "ilustres" por mor da reducción do termo municipal e da decadencia da fidalguía. O elevado indice de poboamento é característico da costa galaica, especialmente das Rías Baixas polas maiores posibilidades, pero que provocará tamén unha forte emigración a América. Isto tamen inflúe na maior porcentaxe de mulleres que de homes.

  • 1894. A construción da estrada de Padrón a Ribeira pasa polo Concello pero marxina a vila, e convírtese nunha reivindicación dos políticos locais. Vapor semanal (Farruco) a Vilagarcía dende Rianxo para coller o tren ou o barco. A Rúa de Abaixo pasa a ser o asentamento dos novos ricos (favorecidos pola desamortización e indianos).
  • 1899. Nace Rafael Dieste.
  • 1900. Nace o poeta rianxeiro Manuel Antonio Pérez. Rianxo conta con 8.836 hab. Impoñente manifestación mariñeira en Vilagarcia contra a traíña.
  • 1902.Rianxo, único pobo da Ría que carece de alumeado público. O Concello estudia crear un imposto para producir por electricidade 50 luces. Entra de Alcalde José Várela Abades en substitución de "Pantuso".
  • 1903. A Dirección Xeal de Obras Públicas concede unha subvención de 10.360 pts. para a ampliación do peirao de "Setefogas".
  • 1905. Sae á rúa o regulamento da Sociedade de Socorrros mutuos "la Unión Rianjesa" promovida pola "Casa Varela" presidida por José Varela.
  • 1907. Mariano Rodrígez Dios (pai de Castelao) é elixido alcalde.
  • 1910. Nace o semanario "El Barbero Municipal".
  • 19 de Marzo 1911. Alumeado de acetileno da vila e animáis domésticos que pasean polas rúas embarradas.
  • 1911. Creación dun posto de Carabineiros. Nace "Buenas Noches", órgano defensor do bando Liberal.
  • 1916. Instalación da liña telegráfica con Padrón.Aparece un cachalote na Praia de Tanxil (feito mencionado por Rafael Dieste no seu libro "Dos Arquivos do Trasno").
  • 1917. Festa do Traballo en Rianxo. Nomeado cura J. Benito Fariña. Peche da fabrica de conservas Goday.
  • 1918. Epidemia gripal na vila á que acode Castelao para ofrecer a súa axuda como médico.
  • 1919. Crise pesqueira que provoca fame e pobreza. Decreto municipal para derrubar o hórreo da familia Castelao, evitado polo pobo.
  • 1920. Cesa como Alcalde, tras 10 anos, Manuel Pérez. Folga xeral e conflictos obreiros en Vilagarcía.
  • 1924. Alcalde Mariano Rodríguez Dios, en plena Dictadura de Primo de Rivera. Construción do peirao da Rabaleira. Ángel Baltar subenciona a fábrica de enerxia eléctrica.
  • 1927. Nomeado fillo predilecto Ángel Baltar
  • 1928. A. Baltar subvenciona o arranxo do camiño ó cemiterio. A loita de clases, derivada da precaria situación socioeconómica existente no Estado Español, agudízase durante a Segunda República. No caso galego a crispación é maior de resultas da cuestión nacional, que en Rianxo ten grande transcendencia pola presencia de figuras como Castelao, R. Dieste, M. Antonio, os Irmáns Insua, etc. Dita situación desencadeara unha terrible Guerra Civil que en Rianxo traducirase en represión , exilio e morte dos sospeitos de simpatizar coa República, e dos efectos da instauración da Dictadura Franquista.
  • 1931. Os concelleiros J.R. Nine e Manolo Castelao (Insua) votan a favor do Estado Federal. Altercados nas escaleiras do Consistorio. Violencia nas sesións con presencia da Garda Civil. Recibimento a Castelao, Deputado en Cortes. O Concelleiro Nine oponse as obras de reforma do Cuartel da Garda Civil. Rianxo conta con 9.937 habitantes.
  • 1936. Alcalde Cándido González. Asasinato de políticos rianxeiros de esquerdas (Irmáns Insua,etc.)
  • 2 de Agosto. O Comandante militar de Padrón designa Alcalde a Germán Fernández Lemos. Castelao tivo a sorte de atoparse en Madrid, xunto coa sua muller Virxinia, a mediado de xullo de 1936. Estaba na capital coa misión de entregarlle ó presidente da camara o proxecto de Estatuto Galego refrendado polo pobo galego. Por ese motivo salvou a súa vida. A mediados de 1937 comenza a formación dun expediente sobre declaración de responsabilidade civil contra Castelao. Reclámase información de "personalidades" rianxeiras, como o crego, o xefe local da falanxe, e o xefe da garda civil.
  • Creación dun campo de concentración en Rianxo. Os presos republicanos realizan obras públicas na vila.
  • A guerrilla de Foucellas realiza unha acción armada en Taragoña (1948), co resultado da morte do oficial da mariña mercante, Ramón Mosquera.