Como Chegar Como Chegar

En coche propio

A súa situación costeira permite boas e rápidas comunicacións grazas á autovía AG-11 e á autopista AP-9, que conectan o municipio con Santiago de Compostela (53,8 km) e co aeroporto internacional da Lavacolla en só 45 minutos.

As outras cidades galegas como Vigo (73,6 km) ou A Coruña (116 km) están a unha hora e una hora e media de distancia por estrada, respectivamente.

A fronteira con Portugal, a través de Valença do Minho (100 km), acádase nunha hora e cinco minutos, e a conexión coas provincias de Asturias, Zamora ou León en pouco máis de dúas horas.

En autobús

Rianxo conta con liñas de autobús que conectan o municipio con Santiago e con outras poboacións da zona como Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal ou Padrón.

O servizo préstao a empresa Arriva. Horarios: http://www.arriva.gal/

En tren

As estacións de tren máis próximas a Rianxo son as de Catoira (12,4 km), Vilagarcía de Arousa (24,1 km), Padrón (22,8 km) e Santiago de Compostela (46,2 km). Horarios: http://www.renfe.com/viajeros/

Aeroportos próximos

Os aeroportos máis achegados a Rianxo son os da Lavacolla (SCQ, Santiago de Compostela), Peinador (VGO, Vigo) e Alvedro (LCG, A Coruña).