Brea Segade

Xosé María Brea Segade naceu en Taragoña o 4 de agosto de 1904 no lugar de Iñobre e finou o 7 de xaneiro de 1934. Pertence á xeración de Rafael Dieste e Manuel Antonio.

Combatiu voluntario na Guerra de África e despois desempeñou o cargo de mestre do Pósito de Mariñeiros de Taragoña. Autodidacta de sólida formación, non chegou a publicar a súa obra, agás algún poema na prensa do tempo.

Foi Faustino Rey Romero quen primeiro se ocupou seriamente del e da súa obra, dando a coñecer varios dos seus poemas inéditos, algúns dos cales foron reproducidos por R. Carballo Calero no seu libro Aportaciones de la literatura gallega contemporánea. Ademáis preparou unha Antoloxía Poética, cun estudo crítico-literario do seu autor, para a edición patrocinada polo Concello de Rianxo de 1984, esta vez preparada por Carme García.

Brea e Rafael Dieste fundan, durante a campaña de África, a revista manuscrita Charamuscas.

En 2004 a Deputación da Coruña editou o libro Un reiseñor canta lonxe. Xosé
María Brea Segade: o home e a obra
, de Xosé Ramón Brea Rei, onde se edita a súa obra completa.