Antigo Réxime

Os Austrias (s.XVI-XVII)

A linaxe dos Torrado comenzou en Rianxo (1532) como encargados do cobro das rendas de Asados, pola Mitra Compostelana. Unha descendente fundará o Pazo de Brión. A tamén importante linaxe dos Bastón constrúen a Capela da Cruz (logo chamada de Guadalupe). Podemos considerar esta como unha época dourada de Rianxo. A súa xurisdicción (129 Km2), na beiramar da ría de Arousa , abranguía máis do doble da extensión que lle corresponde hoxe ó concello do mesmo nome, 59 km2. Este feito podería explicar o caracter fidalgo da vila nestes tempos, palpable ainda hoxe en día pola abundancia de casas nobles e escudos heraldicos. Baixo o señorio do Arcebispo de Santiago, estaban as parroquias de Sª. Baia do Araño, Sª. María de Asados, Sª. Comba de Rianxo, S. Salvador de Taragoña, S. Xoán e S. Xulián de Laiño, S. Pedro de Bealo, S. Vicente de Cespón, S. Cristobal de Abanqueiro, S. Xoán de Macenda, S. Andrés de Cures, S. Pedro Finés Ribadeseira e o Partido de Insua. Stª Mª de Isorna pertencía á xurisdicción de Cordeiro e despois de 1834, coa nova organización en provincias e concellos, integrouse no actual Concello de Rianxo que adquiriu, a partires desa data, a actual configuración de 6 Parroquias.

O Arcebispo de Santiago nomeaba ó Xuiz, Rexedores e Procuradores de Causas para a vila de Rianxo e a súa xurisdicción. O Xuiz desempeñaba o cargo por 3 anos e pertencía á fidalguía de Rianxo. Tamén os catro rexedores formaban parte da fidalguía local e mesmo os dous escribáns e os catro procuradores de causas. O pobo elixía, anualmente, ós procuradores xerais de ámbolos dous gremios. O século XVII, ó contrario que no resto das terras da Coroa de Castela, é un periodo de auxe económico propiciado pola introducción do millo dende América o cal se adata moi ben ó microclima das Rías Baixas. Esta bonanza propiciará a construción de Pazos e remodelacións Barrocas das Igrexas que se produce no Concello de Rianxo neste Século e no seguinte, ó igual que a abundante heráldica.